Semellaba que despois dos fastos do 92 en España xa non pasaría nada máis, pero no vran do 1993 nun recuncho de Galicia, e mentres O Pelegrín percorría media Europa, “cociase” unha das ideas que cambiarían a historia da mellor festa do mundo, e das mellores de Galicia...a “Festa do Monte”.
Un puñado de xoves de mente inqueda e cu de mal “asiento”, decidiron deixar de ser comparsas noutras bandas, para seren protagonistas na súa. Agora eles serían os que decidiran cando, donde e como se troula; cando, onde e como se bebe; cando, onde e como comeza e remata a festa...
Querían revolucionar o desfile, non querían ser unha banda mais, querían que se notase que tiñamos banda nova.
Escoller unha cor: nin branco, nin verde, nin azul, nin negro,... ainda a risco de ser tachados do que non eran, eles arriscaron cunha cor orixinal e inimitable: o ROSA.
Escoller un “toque”; nin muñeiras, nin pandeiradas, nin “ladróns”...ritmos brasileiros que soaran galegos...
E escoller un nome, con carácter mariñeiro e festeiro,...o mellor sitio nun barco para facer festa : O RANCHO, comida e bebida...polo tanto OS DO RANCHO...
Xuntáronse os amigos e os amigos dos amigos, resultando o fin unha banda de rapaces da Marina, pero tamén da Vila, do Rosal, de Madrid...ata de LONDON, unha banda universal onde ninguén e de fora.
Fíxose unha peculiar indumentaria , cinta do pelo rosa incluida, bandeira, pancarta con rima consonante, caixas, bombos e gaitas, uns cabazos de viño tinto...e veña ¡¡festa!!
Xa temos banda nova, xa temos aquí a mellor banda do mundo, do 93 ata o 07, e que dure moitos anos mais... ¡¡dalle Jaime, QUE SONE ESE APUPO, QUE TROULEN OS BOMBOS, E QUE SAIA DAS NOSAS GORXAS...
OS DO RANCHO!!!!
- Os do Rancho foi fundada no 1993, leva 14 anos participando ininterrunpidamente no desfile e na romaría do monte, este ano 2007 será o XV subida.
- Os do Rancho comezaron sendo 35 membros no 93, na actualidade rondan os 100 , nenos e nenas incluidos.
- Os do Rancho non é soamente unha banda mariñeira, e unha forma de pensar, de divertirse, de ver a festa, por iso un rancheiro será sempre un rancheiro.
Adicado a tódolos rancheiros , a todos aqueles que algún día o foron e aqueles rancheiros que o 2º domingo de agosto están lonxe do Trega...alguén xurará por eles...
M. Alonso Vicente
Lista dos membros fundadores da banda transcritos tal e como aparecen na libreta do Chono:
- Chono
|
- Miguel Abuelo
|
- Moncho Alonso
|
- Marcos Caralladas
|
- Bati
|
- Mario
|
- Henry Pablo
|
- Belén Coballes
|
- Carlos
|
- Diego
|
- Merce
|
- Lara
|
- Marcos Patillas
|
- Félix
|
- Idris
|
- Víctor Trinca
|
- Álvaro Caralladas
|
- Michael
|
- Senén
|
- Lalo
|
- Sam
|
- Marcos Lomba
|
- Jose Negro
|
- Aniceto
|
- Víctor Coballes
|
- Carrero
|
- Ana
|
- Ana Hermana Chono
|
- Jaime
|
- Zulema
|
- Marta
|
- Sol
|
- Pacheco
|
- Óscar Alonso
|
- Chupe
|
|